Programa RECENDO 14 06 2011

Programa dedicado a Lois Diéguez, o insigne escritor, quen estivo no noso estudio como convidado.


E tamén contamos coa sección de Música lusófona a cargo de Brais Morán.

Fecha de publicación: 2011-06-16 11:11:08
Calidad del audio: 16khz, bitrate: 32
Descargar podcast (13.04 MB | 56:59 minutos) Comentarios: 0

Programa RECENDO 07 06 2011

Programa dedicado á arquitectura, coa presenza como convidados de Fernando Martínez, da Asociación de Xoves Arquitectos Galegos, e de Héctor Fernández, directivo da A.C. Alexandre Bóveda e especialista en arquitectura e fotografía.


E tamén contamos coa sección de Nova Música Galega a cargo de Vituco Neira e coa de A nosa lingua a cargo de Fran Rei.

Fecha de publicación: 2011-06-13 12:33:46
Calidad del audio: 16khz, bitrate: 32
Descargar podcast (13.04 MB | 56:58 minutos) Comentarios: 0

Programa monográfico de CUAC FM sobre Alexandre Bóveda e a Memoria Histórica

O pasado sábado 4 de xuño de 2011 CUAC FM realizou este programa especial conducido por Roberto Catoira e Manuel Castiñeira, coa axuda de Mariano Fernández no control técnico e doutros integrantes dos Equipos de Redacción e de Tecnoloxía da emisora, coincidindo co 75 aniversario dos comezos da Guerra Civil en España.

Este espazo estivo dividido en dúas partes. Na primeira hora realizáronse unhas entrevistas a familiares de represaliados ou perseguidos na época da Guerra Civil. No estudio 1 da Radio Comunitaria da Coruña estiveron Pedro Galán (descendente de Pedro Galán Calvete) e Valentín García Bóveda. Tamén foi posible conversar telefonicamente con Mariquiña Villaverde (filla de José Villaverde) e con Xosé Luís Bóveda. Acompañounos durante todo o tempo de emisión Rubén Afonso, membro da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Na segunda parte, e máis centrados noutros aspectos da memoria histórica, Rubén Afonso, o historiador Emilio Grandío e o realizador e fotógrafo Xosé Abad mostraron varias ideas e opinións diante dos nosos micrófonos. O programa completouse cuns audios gravados en CUAC FM acerca da vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, para rematar cunha cita de Castelao.

 

 

PROGRAMA EMITIDO PERO NON GRAVADO

Tamén queremos salientar que o martes 31 de maio de 2011 houbo un programa de Recendo, que non puido ser gravado por culpa dun erro informático. Os contidos do programa foron os seguintes:

Programa dedicado á arqueoloxía na Coruña, tivemos como convidado a Santiago Vázquez Collazo.

E tamén contamos coa sección de Audiovisual a cargo de Víctor Grande, e a de Galiza vista dende o exterior a cargo de Alexandre Mato.

 

Fecha de publicación: 2011-06-13 12:13:25
Calidad del audio: 16khz, bitrate: 32
Descargar podcast (26.82 MB | 117:10 minutos) Comentarios: 0

Programa RECENDO 24 05 2011

Programa dedicado á Asociación Cultural Donaire, en representación da cal estivo o seu secretario Álex Gómez.


E tamén contamos coa sección de Música Tradicional a cargo de David Leira Caparrós, e a de Vangardas sociais a cargo de Marcial Blanco.

Fecha de publicación: 2011-05-24 16:23:50
Calidad del audio: 44.1khz, bitrate: 128
Descargar podcast (52.17 MB | 56:59 minutos) Comentarios: 0

Programa RECENDO 10 05 2011

Programa dedicado a Lois Pereiro, homenaxeado das Letras Galegas deste ano. Para falar del tivemos como convidado a Miguel Mato, profesor, escritor e crítico que foi compañeiro del no grupo poético de Amor e desamor.


E tamén contamos coa sección de Feminismo a cargo de Victoria Louro, e a de Medio Ambiente a cargo de Amancio Sotillo.

Fecha de publicación: 2011-05-14 05:01:04
Calidad del audio: 16khz, bitrate: 32
Descargar podcast (13.04 MB | 56:59 minutos) Comentarios: 0



< < < Anterior     Siguiente > > >